Os ratos da casa


Os ratos da casa

Un texto sinxelo, medido e o uso do encadeamento son os elementos que prenden os lectores a esta historia e que nos deixan nese final rotundo, que deixa traslucir nos ollos dos lectores cales son as historias que lles interesan. Un libro para compartir que nos lembra cales son os recursos que debe ter a literatura para os máis pequenos.

Os ratos da casa está ilustrado por Natalia Colombo cun efecto de luz e texturas sorprendente, unha explosión de cores que recollen unha lectura do texto moi libre. A iso habería que engadir a técnica creativa dos personaxes que os dota dunha gran forza expresiva. O recurso a elementos como o microbús para achegar os ratos ou esa lingua de luz que nos leva ao longo da historia dun espazo e duns personaxes a outros, parécenme uns achados magníficos e enriquecen enormemente o texto.

Booktrailer en castelán.

Entrevista con Natalia Colombo e Oli no Blog K.


O ceo,
queres que cho conte?
cando chega á Terra,
descansa no monte.

O monte,
pouquiño a pouquiño,
subindo e baixando,
achega o camiño…

Portada Os ratos da casa
Portada Os ratos da casa

Kalandraka, 2015
Ilustración: Natalia Colombo
Idiomas: galego, castelán, éuscaro, francés e chinés