Encontros cos lectores

Así como chega a primavera, vén tamén o Día do libro infantil, o Día das letras galegas e o Día Internacional do libro. Oportunidades de encontros cos lectores. Entre escrituras e lecturas diversas, sempre senta ben un encontro no que che conten cousas. Hai unhas semanas foi no IES de Rodeira, Cangas, onde un grupo […]

Ler máis

Asinando na Festa dos libros

O sábado, 8 de xullo estiven asinando na Festa dos libros de Pontevedra. Con xente polos estands mirando, folleando e mercando, todo é máis agradable. A presenza de lectores sempre é importante, o mesmo que escoitar os seus comentarios. Os ratos van lanzados cos seus patinetes, coa súa autocaravana ou mesmo se fosen noutros medios […]

Ler máis

25 anos de bos libros

O venres, 7 de xullo, celebraremos na Festa dos Libros de Pontevedra os 25 anos de Kalandraka. Para a ocasión xuntarémonos uns cantos ilustradores e os escritores dunha serie de libros que son xa historia de Kalandraka. Non podía faltar O Pirata Pata de Lata, pero por primeira vez vaime acompañar unha persoa que me […]

Ler máis

En Redondela

No CEIP Outeiro das Penas o alumnado de infantil leu este curso toda a serie de libros dos ratos e invitáronme a visitar o centro para ter un encontro con eles. Ademais de escoitar as súas preguntas sorprendentes, tiven a o casión de contarlles unha gran parte dos libros que escribín para os lectores máis […]

Ler máis

Visitando a Galiña Azul d’O Hío

Moi agradable o encontro con nenos e nenas da Escola Infantil do Hío, reencontros con rostros adultos que un coñeceu sendo nenas, un entorno de vivencias inmellorable. O contraste do silencio e os cantos dos paxaros e dos grilos no exterior co movemento, a vida ansiosa do interior. Incriblemente, soportaron unha boa contada, mesmo de […]

Ler máis

Novos proxectos

A cabeza non para. Esa frase tan repetida non deixa de ser unha realidade e o tempo adicado ao traballo vai dando resultados con esforzo. Temos un proxecto rematado entre Pablo Otero e. É unha historia de liberdade, de partidas, de regresos… De como o mundo pode ser distinto en función de se o vemos […]

Ler máis

Este libro encantoume

A proposta de GALIX vou participar no mes de maio na sección da web que leva o título desta entrada. Xa decidín cal sería o libro do que falarei, pero non quero adiantar nada. O que podo adiantar é que se trata dun libro valente por falar do que fala. Se queredes saber máis teredes […]

Ler máis

E volven viaxar os ratos?

Semella que si. Esperamos que en datas próxima poidamos dicir definitivamente que Ratos na escola vai saír noutra lingua, noutro país, e mesmo noutro continente. De Galicia á Arxentina estes animaliños non fan máis que voar (A pesar de que os ratos sabemos que non son aves). Ben se ve que iso de andar polo […]

Ler máis

Onde naceron os Ratos na escola

Hai algún tempo os compañeiros e compañeiras do CEIP de Reibón invitáronme a inaugurar unha placa que lembrará a aula que inspirou Ratos na escola. A foto que saquei quedou hai tempo por aí varada nalgún espazo do meu teléfono móbil. Agora que a recuperei, despois de expresarlles as miñas desculpas e o agradecemento compártoa […]

Ler máis