Ratos na escola en Cangas

  Por fin!! Recuperamos a normalidade perdida e o sábado 30 de abril teremos ocasión de atoparnos na Capela do Hospital ás 12,30 para facer a presentación de Ratos na escola. A Libraría Wells retoma as actividades e presentacións e o Home invisible será o anfitrión para falarmos destes tipos atrevidos, rebuldeiros e xogantíns.

Ler máis

Memoria das cousas

Como é posible que saibades polas redes sociais, está na rúa O elefante perdeu a memoria, aínda que o previsto era que saíse en setembro. Ten as ilustracións de Chus Rojo, á que espero coñecer na primeira presentación que a Libraría Miranda de Bueu está preparando á carreira para que teña lugar durante o mes […]

Ler máis

A terceira aventura dos ratos

Como xa vos adiantei nalgún momento, Ratos na escola, o terceiro libros deses ratos bulideiros está collendo forma. Natalia Colombo leva unhas semanas traballando nas ilustracións.  Tras elaborar un boceto e propoñer algunhas alternativas nun traballo conxunto de autores e editora, xa está afinando algúns detalles no seu verán austral. Espero que estas novas aventuras […]

Ler máis
Portada Ratos de viaxe

Ratos de viaxe en Cangas

O vindeiro mércores 17 de xullo os ratos paran en Cangas para presentarse en WELLS LIBROS, Praza do Arco, 5, na casa. Será ás 12 horas e contaremos coa inestimable colaboración dun músico cun gusto bestial, CARLOS SALGUEIRO sen engadidos. Porque poesía e música están no mesmo territorio

Ler máis
Ilustración de Ratos de Viaxe

Feira do Libro de Vigo

Onte asinando na Feira de Vigo, ademais de charlar cos lectores e lectoras e asinar libros houbo ocasión para o encontro con colegas como Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos que andan a presentar estes días o seu “Versos e viceversos”. A primeira vez que asino na nova ubicación da Rúa do Príncipe […]

Ler máis
Portada Ratos de viaxe

Ratos de viaxe

Ratos de viaxe, a última aventura desa estupenda panda de roedores, está na fase final de realización previa ao lanzamento, que se todo vai ben será no mes de xuño. Esta semana veu a maqueta, que se presentou na Feira de Boloña, e segundo a editora parece que gustaron. Podo dicirvos que ten un colorido […]

Ler máis

Ratos nas librarías de Suiza

O 21 de marzo, coa primavera, chegou o regalo dos RATOS. Por fin están nas librarías de Francia, Suíza e Canadá co título de Souris par ci, souris par lá. Hai case unha semana que teño o libro impreso nesta edición de La Joie de Lire dentro da súa colección Les Versatiles. Bonne chance!! No entanto, a […]

Ler máis

Souris par ci, souris par là

Acabo de recibir as primeiras probas da versión en francés de “Os ratos da casa” que vai publicar a editorial suiza La joie de lire na colección Les versatiles. Espero que os nenos e nenas francófonos gocen das aventuras destes “petits souris”. Quizais isto nos anime a buscar novas aventuras para estes simpáticos personaxes da […]

Ler máis
Culturgal

5 de decembro no Culturgal

Este ano toca celebrar o 5 de decembro asinando no stand de Kalandraka no Culturgal. Agárdovos cos ratos, o pirata, as damas e o resto dos personaxes que habitan o bosque das historias. Será pola tarde e teredes a oportunidade de mercar os agasallos do Nadal.

Ler máis