O sábado, 8 de xullo estiven asinando na Festa dos libros de Pontevedra. Con xente polos estands mirando, folleando e mercando, todo é máis agradable. A presenza de lectores sempre é importante, o mesmo que escoitar os seus comentarios.
Os ratos van lanzados cos seus patinetes, coa súa autocaravana ou mesmo se fosen noutros medios chegarían lonxe. É unha sorte contar cun lectorado tan fiel.
Estamos desexando ver o día en que nestas sinaturas esteamos os dous autores.