Proxectos

Estamos chegando á fase final dun proxecto titulado “Desde arriba e desde abaixo” no que as ilustracións serán de Pablo Otero. Primeiros de abril e esta aventura que comezou en 2020 cando lle entreguei o texto a Pablo para que vise se lle podía interesar ilustralo deu os últimos pasos antes de se converter en libro, se temos sorte. Bueno para ser sinceiros empezou moito antes en Vilanova (O Hío).

En Ourense dous días de traballo intenso para que Mark iluminase e fotografase todas as ilustracions nun proceso creativo que vivín por primeira vez. Detalles, luces, sombras, brillos, fume… todo vale para conseguir o que se quere.

Ilusión témola toda, só precisamos atopar os editores que queiran convertir a historia de Ernesto e Cándido en libro. Estamos preparados con versions en galego, castelán e francés.