O 27 de outubro saíu á venda a versión en italiano de Ratos na escola e atradución forma parte dun proxecto da escola de tradución da FUSP. Así que desde xa os nenos e nenas italianos van ter oportunidade de coñecer estes personaxes. Estamos ansiosos por ver como son recibidos e algunha cousa se está preparando para facer coincidindo coa feira de boloña.
