A terceira aventura dos ratos

Como xa vos adiantei nalgún momento, Ratos na escola, o terceiro libros deses ratos bulideiros está collendo forma. Natalia Colombo leva unhas semanas traballando nas ilustracións. 

Tras elaborar un boceto e propoñer algunhas alternativas nun traballo conxunto de autores e editora, xa está afinando algúns detalles no seu verán austral.

Espero que estas novas aventuras cheas de falcatruadas e humor non defrauden a ninguén e que teñan unha acollida tan boa coma os dous anteriores entre os lectores pequenos e os grandes. Nesta ocasión van montar tal desfeita na escola que vai deixar pegada.

Este é un detalle do boceto.

Publicado en Novas, Novos libros.