Premio das Ikastolas navarras

 

A Asociación de Ikastolas de Navarra, Ikastolen Elkartea, organiza a Juul Kanpaina, unha actividade adicada a fomentar a lectura en euskera. Como remate, organizan unha votación nas que os nenos e nenas escollen o libro e o ilustrador que máis lles gustaron e concédese o Premio Juul. Pois resulta que os lectores de educación infantil votaron tres libros entre os que está Hamaika andere ausart, a versión en basco de Once damas atrevidas,  traducido por Koldo Izagirre.

Síntome moi agradecido aos nenos e nenas polo recoñecemento a esta viaxe maravillosa e desexo que sigan desfrutando de  moitos máis libros e moitas viaxes máis.

Eskerrik asko.