Como é posible que saibades polas redes sociais, está na rúa O elefante perdeu a memoria, aínda que o previsto era que saíse en setembro. Ten as ilustracións de Chus Rojo, á que espero coñecer na primeira presentación que a Libraría Miranda de Bueu está preparando á carreira para que teña lugar durante o mes de agosto. Así que atentos, atentas porque un destes sábados estaremos na nutrida actividade que este libreiro inquedo organiza aproveitando o verán.
Podedes topalo no catálogo de Oqueleo e é unha lectura que creo que poden gozar lectores e lectoras de idades diferentes porque penso que poden desfrutar del diferentes grupos de idade.
A historia deste elefante é a dun ser que perde certas facultades que lle fan vivir situacións divertidas, emocionantes e que mesmo chega a crerse outra cousa diferente do que é. Así chegará a protagonizar sucesos impensables cando presumía da súa prodixiosa memoria. Acompañarano unha familia agarimosa, divertida e apreciable.