Moi agradable o encontro con nenos e nenas da Escola Infantil do Hío, reencontros con rostros adultos que un coñeceu sendo nenas, un entorno de vivencias inmellorable. O contraste do silencio e os cantos dos paxaros e dos grilos no exterior co movemento, a vida ansiosa do interior.
Incriblemente, soportaron unha boa contada, mesmo de libros que non adoito contar para nenos e nenas tan pequenos.
Un pracer e ata sempre que queirades.