Novos proxectos

A cabeza non para. Esa frase tan repetida non deixa de ser unha realidade e o tempo adicado ao traballo vai dando resultados con esforzo.

Temos un proxecto rematado entre Pablo Otero e. É unha historia de liberdade, de partidas, de regresos… De como o mundo pode ser distinto en función de se o vemos desde arriba ou desde abaixo.

As ilustracións son poesía visual, esas imaxes que un ve e sente que detrás do que ve hai moito máis. É a primeira vez que na miña carreira como autor vou a entregar un proxecto pechado. Botámola a andar coa idea de publicala en galego pero tamén noutras linguas, xa contamos cunha tradución para presentar a unha editora estranxeira.

Como nalgunha outra historia, a inspiración está nun lugar do Morrazo que estimo e que sinto tamén un pouco meu. Pero non esperedes que vos diga de momento máis. Cruzamos os dedos para que algún día non moi lonxano poidades ver aquí a portada.