Ratos de viaxe

Ilustración de Ratos de Viaxe

Esta panda de ratos rebuldeiros inician unha nova e divertida aventura.

Ás portas do verán, non dubidan en preparar a equipaxe e montar na autocaravana para dirixirse á praia. Alí experimentarán novas sensacións, descubrirán lugares e tratarán de divertirse. Pero a aventura non está exenta de incidentes inesperados que non conseguirán acabar coas súas ganas de divertirse e xogar.

A maleta, os traxes, a autocaravana, o sol, a praia, o mar, os castelos de area... un feixe de elementos cos que se constrúe unha aventura divertida, excitante e chea de calor.

 

Información

Portada Ratos de viaxe

Título: Ratos de Viaxe
Escritor: Oli
Ilustración: Natalia Colombo
Editora: Kalandraka
Ano: 2019
Idiomas nos que foi publicado: Galego, castelán, éuscaro