Ratos de viaxe

Ratos de viaxe, a última aventura desa estupenda panda de roedores, está na fase final de realización previa ao lanzamento, que se todo vai ben será no mes de xuño. Esta semana veu a maqueta, que se presentou na Feira de Boloña, e segundo a editora parece que gustaron. Podo dicirvos que ten un colorido moi alegre e os personaxes de Natalia Colombo son moi divertidos.

Dentro de nada sae a segunda edición de Os ratos da casa, que como novidade trae un formato maior que na primeira edición. O tamaño será uniforme co resto da colección e vai gañar en visibilidade.