Onde naceron os Ratos na escola

Hai algún tempo os compañeiros e compañeiras do CEIP de Reibón invitáronme a inaugurar unha placa que lembrará a aula que inspirou Ratos na escola. A foto que saquei quedou hai tempo por aí varada nalgún espazo do meu teléfono móbil.

Agora que a recuperei, despois de expresarlles as miñas desculpas e o agradecemento compártoa con todos vós.

Moralexa: Nunca pretendades entender por que un sistema operativo ou unha aplicación se comporta como se comporta.

Etiquetado .