Hoxe volvín a un sitio moi especial para min porque me considero un pouco do Hío. Na biblioteca prepararon un encontro cos lectores e lectoras de primeiro e segundo.
Como a desculpa era falar dos Ratos na escola, quixen que coñecesen como naceron e falamos de Natalia Colombo, da relación co colexio de Reibón e aquel rato que nos acompañor duante varias semanas na clase.
Con que outra cousa podiamos rematar máis que co Pito Artur, un personaxe nacido entre catro paredes desa escola.
Espero ter a oportunidade de volver a falar co alumnado e reencontrarme cun lugar que para min sempre será importante.