Once damas atrevidas


Once damas atrevidas
Once damas viaxeiras que percorren o mundo descubrindo a súa diversidade.

Partindo da estrutura e das protagonistas dun conto da tradición galego-portuguesa, créase unha historia actual, pero sen renunciar aos recursos clásicos da literatura de transmisión oral. Aprovéitase o recurso da subtracción, tan común na literatura infantil popular, para facer un xogo que favorece o papel activo dos lectores e receptores, a anticipación e o espertar da curiosidade polos mundos lonxanos.

Incluído no Plan Nacional de Lectura da SEP (México), na selección do Ministerio de Educación (Argentina) 2014 e no Plano Nacional de Leitura de Portugal


Once damas atrevidas
camiñaron ata Fez;
unha perdeuse nos contos,
non quedaron máis que dez.

Portada Once damas atrevidas
Portada Once damas atrevidas

Kalandraka, 2001
Ilustración: Helle Thomassen
Idiomas: galego, portugués, castelán, catalán