Entendedes algo? Eu tampouco, pero alédame que os ratos vaian a Asia de viaxe. Hoxe recibín as probas da edición en lingua coreana. Por tanto os nenos e nenas de Corea do Sur poderán ler, mirar e tamén escoitar as aventuras dos Ratos de viaxe. Grazas á editorial Dongsim que se interesou por el, terán a ocasión de descubrir a estes rebuldeiros seres.
Adornados cunha música alegre e os oportunos efectos sonoros, os pequenos lectores e oíntes imaxinarán os ratos viaxando na autocaravana ou lanzándose en parapente sobre o mar, torrándose ao sol ou construíndo castelos de area. É a primeira vez que un libro meu se converte en audiolibro, as cousas en Asia sonche así. Algún galego haberá en Corea que poida dicirmos como soa, sei que aos hai. Desexar que gocen moito con eles.