Así comeza a historia deste pirata, fraco, esmirriado e soñador que percorre os mares na procura dun tesouro e algún inimigo co que loitar.
Unha aventura chea de humor protagonizada por un personaxe entrañable que leva moitos anos espertando a imaxinación dos nenos e que se ten convertido nun clásico da literatura infantil galega.
A este feroz pirata
chámanlle Pata de Lata.
Non é torto nin birollo,
pero leva un parche nun ollo…
Kalandraka, 1998
Ilustración: Ramón Trigo
Idiomas: galego, portugués, castelán