A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar.
O avó faláballe da lúa, que vai perdendo cada día un cachiño, ata desaparecer; da súa luz; de como nace grande tralas montañas e se vai facendo máis pequena canto máis ascende no teito da noite.
O avó tamén lle falaba dos soños que habitan a noite, contáballe que son uns seres pequenos e transparentes que viven de día tralas estrelas e de noite asoman ó balcón da lúa.

Xerais, 2003
Ilustración: Fino Lorenzo
Idiomas: galego
Un libro tenro e sensible para todo tipo de lectores. Para ler, preferiblemente acompañados.