Este ano toca celebrar o 5 de decembro asinando no stand de Kalandraka no Culturgal. Agárdovos cos ratos, o pirata, as damas e o resto dos personaxes que habitan o bosque das historias. Será pola tarde e teredes a oportunidade de mercar os agasallos do Nadal.
Ler máisO rato avó e o muraño
Xa está aquí O rato avó e o muraño o último libro que acaba de sacar Xerais con ilustracións de Ramón Trigo. Dentro duns días poderedes atopalo en todas as librarías do país. Desexo que poidades gozar e emocionarvos coa súa lectura.
Ler máisPresentación na libraría Generación X
Para todos cantos queiran coñecer en Madrid aos nosos amigos os ratos da casa, van ter unha irrepetíbel oportunidade ás 12 da mañá na libraría Generación X da rúa Puebla. Ademais dos ratos, seguro que poderedes coñecer outras personaxes agarimosas coas que agardamos conquistar o corazón dos lectores máis pequenos, aínda que tampuoco nos importaría […]
Ler máisÁ Feira do libro de Madrid
O vindeiro domingo, a partir desde as 7 da tarde levaremos Os ratos da casa á Feira do libro de Madrid. Caseta 192 de Kalandraka. Poderedes levar libros asinados en case calquera lingua e case calquera título. Lembrade que Artur está esgotado en galego, así que non o pidades. Pero de todo o demais, canto […]
Ler máis