Encontros cos lectores

Así como chega a primavera, vén tamén o Día do libro infantil, o Día das letras galegas e o Día Internacional do libro. Oportunidades de encontros cos lectores.

Entre escrituras e lecturas diversas, sempre senta ben un encontro no que che conten cousas.

Hai unhas semanas foi no IES de Rodeira, Cangas, onde un grupo de alumnos de 1º da ESO e un grupo de 3º plantexaron moitas curiosidades que tiñan.

Sorprende ás veces, a min non moito, que alumnos desas idades fagan preguntas desde as lembranzas do afectivo, pois os libros xa lles quedan un pouco lonxe por idade e intereses. Sen embargo non poden resistirse ao conto. Comezan distantes coas Once damas atrevidas, pero pouco a pouco foron entrando e cando só quedaban sete damas entraron no xogo, para rematar distendidos e entusiastas coa proposta de participar no contexo.

Once damas atrevidas
Posted in Nouvelles and tagged , , .