Premio das Ikastolas navarras

  A Asociación de Ikastolas de Navarra, Ikastolen Elkartea, organiza a Juul Kanpaina, unha actividade adicada a fomentar a lectura en euskera. Como remate, organizan unha votación nas que os nenos e nenas escollen o libro e o ilustrador que máis lles gustaron e concédese o Premio Juul. Pois resulta que os lectores de educación […]

Ratos en Libros para soñar

A fin de semana vén cargada. O venres 8 de novembro desde as 18,30 estaremos en Libros para soñar de Vigo para presentar Ratos de viaxe.    

Os ratos de viaxe a Moaña

Seica os Ratos de viaxe acaban de iniciar unha marcha cara a Moaña, onde serán presentados a todos os nenos e nenas na Libraría O Pontillón. A chegada está prevista para o día 9 de novembro. Esta panda de ratos divertidos e viaxeiros agárdavos a partir das 12 da mañá.

Portada Ratos de viaxe

Ratos de viaxe en Cangas

O vindeiro mércores 17 de xullo os ratos paran en Cangas para presentarse en WELLS LIBROS, Praza do Arco, 5, na casa. Será ás 12 horas e contaremos coa inestimable colaboración dun músico cun gusto bestial, CARLOS SALGUEIRO sen engadidos. Porque poesía e música están no mesmo territorio

Ilustración de Ratos de Viaxe

Feira do Libro de Vigo

Onte asinando na Feira de Vigo, ademais de charlar cos lectores e lectoras e asinar libros houbo ocasión para o encontro con colegas como Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos que andan a presentar estes días o seu “Versos e viceversos”. A primeira vez que asino na nova ubicación da Rúa do Príncipe […]

Portada Ratos de viaxe

Ratos de viaxe

Ratos de viaxe, a última aventura desa estupenda panda de roedores, está na fase final de realización previa ao lanzamento, que se todo vai ben será no mes de xuño. Esta semana veu a maqueta, que se presentou na Feira de Boloña, e segundo a editora parece que gustaron. Podo dicirvos que ten un colorido […]

Ratos nas librarías de Suiza

O 21 de marzo, coa primavera, chegou o regalo dos RATOS. Por fin están nas librarías de Francia, Suíza e Canadá co título de Souris par ci, souris par lá. Hai case unha semana que teño o libro impreso nesta edición de La Joie de Lire dentro da súa colección Les Versatiles. Bonne chance!! No entanto, a […]

Ratones en Suíza

El 21 de marzo, con la primavera, llegó el regalo de los RATONES. Por fin están en las librerías de Francia, Suiza y Canadá con el título de Souris par ci, souris par lá. Hace casi una semana que tengo el libro impreso de esta edición que ha publicado La Joie de Lire dentro de su colección […]

Onde van os ratos?

Xa vos adianto que os Ratos marchan da casa e emprenden unha nova aventura. Van de viaxe a percorrer o mundo e descubrir o divertido que pode ser o verán. A estas alturas andan por Buenos Aires petando na porta de Natalia Colombo para que lles dea luz e alegría. Esperamos que no mes de […]