En Redondela

No CEIP Outeiro das Penas o alumnado de infantil leu este curso toda a serie de libros dos ratos e invitáronme a visitar o centro para ter un encontro con eles.

Ademais de escoitar as súas preguntas sorprendentes, tiven a o casión de contarlles unha gran parte dos libros que escribín para os lectores máis pequenos.

Foi un gran pracer este encontro e espero que non sexa a última vez que nos vexamos.

Posted in Nouvelles and tagged , , .