Visita ao Hío

Hoxe volvín a un sitio moi especial para min porque me considero un pouco do Hío. Na biblioteca prepararon un encontro cos lectores e lectoras de primeiro e segundo. Como a desculpa era falar dos Ratos na escola, quixen que coñecesen como naceron e falamos de Natalia Colombo, da relación co colexio de Reibón e […]

Ler máis

Ratos na… Capela do Hospital

Aquí vos queda un resume do acto que celebramos en cangas o pasado día 30 de abril organizado por Wells para celebrar, con moito atraso, o nacemento destes Ratos na escola e con Natalia Colombo sempre na memoria, á fin ela foi a culpable de que estes ratos continuasen viaxando.

Ler máis

Primeira tradución ao éuscaro do Pirata

Hona hemen pirata ausarta Bere izena: Hankalata Así comeza en euskera O Pirata Pata de Lata que coeditan Pamiela e Kalandraka. A versión é de Xabier Olaso, tradutor prestixioso e a persoa que se responsabilizou da versión da saga dos ratos ou de Once damas atrevidas. Longa vida a este Hankalata Pirata,

Ler máis

Ratos na escola en Cangas

  Por fin!! Recuperamos a normalidade perdida e o sábado 30 de abril teremos ocasión de atoparnos na Capela do Hospital ás 12,30 para facer a presentación de Ratos na escola. A Libraría Wells retoma as actividades e presentacións e o Home invisible será o anfitrión para falarmos destes tipos atrevidos, rebuldeiros e xogantíns.

Ler máis

Culturgal

Está confirmado que o vindeiro 27 de novembro estaremos uns cantos ratos, algún pito e unhas atrevidas damas e un servidor asinando exemplares de todos os meus libros no stand de Kalandraka. Se vos animades a traer os vosos exemplares, estarei encantado de ter unha conversiña. Non o esquezades, o día 27 ás 13 horas!!

Ler máis

Memoria das cousas

Como é posible que saibades polas redes sociais, está na rúa O elefante perdeu a memoria, aínda que o previsto era que saíse en setembro. Ten as ilustracións de Chus Rojo, á que espero coñecer na primeira presentación que a Libraría Miranda de Bueu está preparando á carreira para que teña lugar durante o mes […]

Ler máis

A terceira aventura dos ratos

Como xa vos adiantei nalgún momento, Ratos na escola, o terceiro libros deses ratos bulideiros está collendo forma. Natalia Colombo leva unhas semanas traballando nas ilustracións.  Tras elaborar un boceto e propoñer algunhas alternativas nun traballo conxunto de autores e editora, xa está afinando algúns detalles no seu verán austral. Espero que estas novas aventuras […]

Ler máis

Premio das Ikastolas navarras

  A Asociación de Ikastolas de Navarra, Ikastolen Elkartea, organiza a Juul Kanpaina, unha actividade adicada a fomentar a lectura en euskera. Como remate, organizan unha votación nas que os nenos e nenas escollen o libro e o ilustrador que máis lles gustaron e concédese o Premio Juul. Pois resulta que os lectores de educación […]

Ler máis