Este ano toca celebrar o 5 de decembro asinando no stand de Kalandraka no Culturgal. Agárdovos cos ratos, o pirata, as damas e o resto dos personaxes que habitan o bosque das historias. Será pola tarde e teredes a oportunidade de mercar os agasallos do Nadal.