
Nesta nova aventura os ratos emprenden unha viaxe en tren. Para o traxecto hai que encher as mochilas de lambetadas e organizar unha boa paparota. Da porta ás plataformas poden suceder moitas cousas. Mesmo algún esta a piques de perder o tren e quedar sen viaxe. Pero o mellor sempre está por chegar.
Unha invitación a emprender un percorrido visual para descubrir os detalles, os personaxes singulares espallados polas páxinas deste libro no que Natalia Colombo nos agasalla cun universo cromático novo e unha ilustración máis intensa.
Pola avenida
poñede atención
que veñen os ratos
buscando a estación

Kalandraka, 2026
Ilustración: Natalia Colombo
Idiomas: galego, castelán
ISBN: 978-84-1343-462-9