O elefante perdeu a memoria


Ilustración de O elefante perdeu a memoria.

O elefante era un avó cariñoso e non só cos da casa. Podía ser un elefante-illa para que pousaren os paxaros nas súas prácticas de voo, un elefante-chafariz para duchar os macacos… Tamén tiña unha memoria prodixiosa. Por iso a todos lles pareceu incrible que a perdese. Foi esquecendo cousas por momentos; mesmo esqueceu que era un elefante.

Escrito de maneira que leva ao lector a atravesar as páxinas e os capítulos con facilidade, pero non é un libro para facer unha lectura apurada, superficial. é un libro que pode emocionar aos adultos, igual que levar os nenos e nenas a descubrir realidades que teñen preto.


Os avós sempre son seres especiais e todos sentimos adoración por eles, mais o meu avó era especial, especial. Foi o primeiro elefante que perdeu a memoria, e iso é algo ben estraño.

Portada de O elefante perdeu a memoria.
Portada de O elefante perdeu a memoria

Oqueleo, 2021
Ilustración: Chus Rojo
Idiomas: galego