Visita ao Hío

Hoxe volvín a un sitio moi especial para min porque me considero un pouco do Hío. Na biblioteca prepararon un encontro cos lectores e lectoras de primeiro e segundo. Como a desculpa era falar dos Ratos na escola, quixen que coñecesen como naceron e falamos de Natalia Colombo, da relación co colexio de Reibón e […]

Ler máis

Ratos na… Capela do Hospital

Aquí vos queda un resume do acto que celebramos en cangas o pasado día 30 de abril organizado por Wells para celebrar, con moito atraso, o nacemento destes Ratos na escola e con Natalia Colombo sempre na memoria, á fin ela foi a culpable de que estes ratos continuasen viaxando.

Ler máis

Ratos na escola en Cangas

  Por fin!! Recuperamos a normalidade perdida e o sábado 30 de abril teremos ocasión de atoparnos na Capela do Hospital ás 12,30 para facer a presentación de Ratos na escola. A Libraría Wells retoma as actividades e presentacións e o Home invisible será o anfitrión para falarmos destes tipos atrevidos, rebuldeiros e xogantíns.

Ler máis

Culturgal

Está confirmado que o vindeiro 27 de novembro estaremos uns cantos ratos, algún pito e unhas atrevidas damas e un servidor asinando exemplares de todos os meus libros no stand de Kalandraka. Se vos animades a traer os vosos exemplares, estarei encantado de ter unha conversiña. Non o esquezades, o día 27 ás 13 horas!!

Ler máis

Os ratos de viaxe a Moaña

Seica os Ratos de viaxe acaban de iniciar unha marcha cara a Moaña, onde serán presentados a todos os nenos e nenas na Libraría O Pontillón. A chegada está prevista para o día 9 de novembro. Esta panda de ratos divertidos e viaxeiros agárdavos a partir das 12 da mañá.

Ler máis
Portada Ratos de viaxe

Ratos de viaxe en Cangas

O vindeiro mércores 17 de xullo os ratos paran en Cangas para presentarse en WELLS LIBROS, Praza do Arco, 5, na casa. Será ás 12 horas e contaremos coa inestimable colaboración dun músico cun gusto bestial, CARLOS SALGUEIRO sen engadidos. Porque poesía e música están no mesmo territorio

Ler máis