Ratos en Libros para soñar

Os ratos collerán o barco para achegarse a Libros para soñar onde temos unha cita cos lectores e lectoras que se animen a coñecelos.

Prometemos trasnadas para todos e encontros coa fauna doméstica máis pequena: pulgas, piollos, arañas… Traede remedios para os picazos.