Día das bibliotecas en Campolongo

O día 24 de outubro é o día das bibliotecas e este ano invitáronme a celebralo no CEP Campolongo de Pontevedra. Nunha mañá intensa e fértil tiven encontros co alumnado de 1º, 2º e tamén cos de 6º de infantil da EEI Crespo Rivas.

Tiven a oportunidade de presentarlles O pito Artur, por suposto dos Ratos da casa, Ratos na escola e Ratos de viaxe e mesmo lles presentei a Antón, o protagonista de Conto para non comer. Tivemos tempo de descubrir todos os libros e tamén de saber que o que non come non ten nin bariguiña nin barrigola. Ah… e que Pedro o Chosco vai polas chemineas raprtindo sono.