Asinando na Festa dos libros

O sábado, 8 de xullo estiven asinando na Festa dos libros de Pontevedra. Con xente polos estands mirando, folleando e mercando, todo é máis agradable. A presenza de lectores sempre é importante, o mesmo que escoitar os seus comentarios. Os ratos van lanzados cos seus patinetes, coa súa autocaravana ou mesmo se fosen noutros medios […]

Ler máis

En Redondela

No CEIP Outeiro das Penas o alumnado de infantil leu este curso toda a serie de libros dos ratos e invitáronme a visitar o centro para ter un encontro con eles. Ademais de escoitar as súas preguntas sorprendentes, tiven a o casión de contarlles unha gran parte dos libros que escribín para os lectores máis […]

Ler máis

Os ratos de viaxe a Moaña

Seica os Ratos de viaxe acaban de iniciar unha marcha cara a Moaña, onde serán presentados a todos os nenos e nenas na Libraría O Pontillón. A chegada está prevista para o día 9 de novembro. Esta panda de ratos divertidos e viaxeiros agárdavos a partir das 12 da mañá.

Ler máis
Portada Ratos de viaxe

Ratos de viaxe

Ratos de viaxe, a última aventura desa estupenda panda de roedores, está na fase final de realización previa ao lanzamento, que se todo vai ben será no mes de xuño. Esta semana veu a maqueta, que se presentou na Feira de Boloña, e segundo a editora parece que gustaron. Podo dicirvos que ten un colorido […]

Ler máis