Ratos nas librarías de Suiza

O 21 de marzo, coa primavera, chegou o regalo dos RATOS. Por fin están nas librarías de Francia, Suíza e Canadá co título de Souris par ci, souris par lá. Hai case unha semana que teño o libro impreso nesta edición de La Joie de Lire dentro da súa colección Les Versatiles.

Bonne chance!!

No entanto, a segunda aventura destes ratos inquedos e rebuldeiros están en proceso de ilustración e agardamos que estea na rúa antes do verán.

Publicado en Novas, Novos libros.