Os ratos da casa

Os ratos da casa

O ceo,
queres que cho conte?
cando chega á Terra,
descansa no monte.

O monte,
pouquiño a pouquiño,
subindo e baixando,
achega o camiño...

O ceo, o monte, un camiño, uns ratos, unha casa... Unha manchea de elementos que se encadean para construír unha historia na que todo remata ao raiar o sol.

Un texto sinxelo, medido e o uso do encadeamento son os elementos que prenden os lectores a esta historia e que nos deixan nese final rotundo, que deixa traslucir nos ollos dos lectores cales son as historias que lles interesan. Un libro para compartir que nos lembra cales son os recursos que debe ter a literatura para os máis pequenos.

Os ratos da casa está ilustrado por Natalia Colombo cun efecto de luz e texturas sorprendente, unha explosión de cores que recollen unha lectura do texto moi libre. A iso habería que engadir a técnica creativa dos personaxes que os dota dunha gran forza expresiva. O recurso a elementos como o microbús para achegar os ratos ou esa lingua de luz que nos leva ao longo da historia dun espazo e duns personaxes a outros, parécenme uns achádegos magníficos e enriquecen enormemente o texto.

Entrevista con Natalia Colombo e Oli no Blog K.

Queres que cho conte?

Información

Portada Os ratos da casa

Portada Os ratos da casa

Título: Os ratos da casa
Escritor: Oli
Ilustración: Natalia Colombo
Editora: Kalandraka
Ano: 2015
Idiomas nos que foi publicado: Galego, castelán, euskera, francés e chinés

Vídeo

Publicado en .