Os meus libros

Artur

Artur xa non collía dentro daquel cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír do cascarón.

Ratos na escola

Os ratos viven unha nova aventura e que mellor sitio para facer trasnadas que a escola. Instrumentos para dar un concerto, a vaixela esnaquizada, pero se atopan a clase de plástica poderán facer unha obra de arte. Pero pode que algún acabe bañado en pintura.

O elefante perdeu a memoria

O elefante era un avó cariñoso e non só cos da casa. Podía ser un elefante-illa para que pousaren os paxaros nas súas prácticas de voo, un elefante-chafariz para duchar os macacos... Tamén tiña unha memoria prodixiosa. Por iso a todos lles pareceu incrible que a perdese.

Ratos de viaxe

Ás portas do verán, non dubidan en preparar a equipaxe e montar na autocaravana para dirixirse á praia. Alí experimentarán novas sensacións, descubrirán lugares e tratarán de divertirse.

Os ratos da casa

Un texto sinxelo, medido e o uso do encadeamento son os elementos que prenden os lectores a esta historia e que nos deixan nese final rotundo, que deixa traslucir nos ollos dos lectores cales son as historias que lles interesan. Un libro para compartir que nos lembra cales son os recursos que debe ter a literatura para os máis pequenos.

O pirata Pata de Lata

Unha aventura chea de humor protagonizada por un personaxe entrañable que leva moitos anos espertando a imaxinación dos nenos e que se ten convertido nun clásico da literatura infantil galega.

Once damas atrevidas

Partindo da estrutura e das protagonistas dun conto da tradición galego-portuguesa, créase unha historia actual, pero sen renunciar aos recursos clásicos da literatura de transmisión oral.

Un problema grande

Pablo nunca imaxinou que unha irmá era un problema tan grande que o ía deixar sen os paseos pola praia e a busca de cunchas. Daquela, Pablo descubre o encanto de desaparecer debaixo das camas, o pracer de decorar as paredes, o deporte de aguantar as ganas de facer pis... e as malas pulgas da nai.

Leocadio, o león

Leocadio é un león que non gusta de facer o que fan os demais leóns. Asústase cando as súas irmás xogan a cravarse as uñas unhas ás outras. Non lle gusta cazar cebras ou antílopes senón xogar con eles.

Iria e a lúa

A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar. O avó faláballe da lúa, que vai perdendo cada día un cachiño, ata desaparecer; da súa luz.

Este é o medo

Texto mínimo e co menor número de letras para facilitar a lectura autónoma dos máis pequenos, para que se vaian afacendo a ler cando na casa non hai ninguén.

Conto para non comer

Antón non quería comer. Pensaba que a cunca do leite era un mar branco cheo de néboa quente que lle subía polo nariz. Sentía que naquel momento viña Pedro O Chosco para pecharlle os ollos lentamente.

Aníbal quere encoller

Aníbal ten unha teima: quere penetrar no interior da terra para saber como é por dentro e descubrir todos os segredos que garda. Pero para furar na terra hai que ser pequeno coma un rato. De modo que Aníbal decide encoller o máis que poida.