Once damas atrevidas

Once damas atrevidas

Once damas atrevidas
camiñaron ata Fez;
unha perdeuse nos contos,
non quedaron máis que dez.

Once damas viaxeiras que percorren o mundo descubrindo a súa diversidade.

Partindo da estructura e das protagonistas dun conto da tradición galego-portuguesa, créase unha historia actual, pero sen renunciar aos recursos clásicos da literatura de transmisión oral. Aprovéitase o recurso da sustracción, tan común na literatura infantil popular, para facer un xogo que favorece o papel activo dos lectores e receptores, a anticipación e o espertar da curiosidade polos mundos lonxanos.

Incluído no Plan Nacional de Lectura da SEP (México), na selección do Ministerio de Educación (Argentina) 2014 e no Plano Nacional de Leitura de Portugal

Información

Portada Once damas atrevidas

Portada Once damas atrevidas

Título: Once damas atrevidas
Escritor: Oli (adaptación e tradución)
Ilustración: Helle Thomassen
Editora: Kalandraka
Ano: 2001
Idiomas nos que foi publicado: Galego, portugués, castelán, catalán