Ratos na escola

Ao chegar a tarde,

con moita cautela,

saíron os ratos

por unha xanela.

Os ratos viven unha nova aventura e que mellor sitio para facer trasnadas que a escola. Instrumentos para dar un concerto, a vaixela esnaquizada, pero se atopan a clase de plástica poderán facer unha obra de arte. Pero pode que algún acabe bañado en pintura.

Podes ler a entrevista de Selina Otero en Faro Educa sobre Ratos na escola: Estas historias nacen das filastroche

 

Información

Portada Ratos na escola

Título: Ratos na escola
Escritor: Oli
Ilustración: Natalia Colombo
Editora: Kalandraka
Ano: 2021
Idiomas nos que foi publicado: Castelán, Galego, Éuscaro

Publicado en .