O elefante perdeu a memoria

Os avós sempre son seres especiais e todos sentimos adoración por eles, mais o meu avó era especial, especial. Foi o primeiro elefante que perdeu a memoria, e iso é algo ben estraño. Pero é que ademais el gabábase de ter máis memoria ca ningún outro. Por iso ninguén podía crer que a perdese toda. Non vos vou ocultar que tamén tiña os seus de-tractores. Dicían que a memoria non era tal, e que recordase tantos detalles podía explicarse pola repetición día tras día, durante anos, do mesmo percorrido...

O elefante era un avó cariñoso e non só cos da casa. Podía ser un elefante-illa para que pousaren os paxaros nas súas prácticas de voo, un elefante-chafariz para duchar os macacos... Tamén tiña unha memoria prodixiosa. Por iso a todos lles pareceu incrible que a perdese. Foi esquecendo cousas por momentos; mesmo esqueceu que era un elefante.

Escrito de maneira que leva ao lector a atravesar as páxinas e os capítulos con facilidade, pero non é un libro para facer unha lectura apurada, superficial. é un libro que pode emocionar aos adultos, igual que levar os nenos e nenas a descubrir realidades que teñen preto.

Información

Título: O elefante perdeu a memoria
Escritor: Oli
Ilustración: Chus Rojo
Editora: Oqueleo
Ano: 2021
Idiomas nos que foi publicado: Galego

Publicado en .