Iria e a lúa

A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar. O avó faláballe da lúa, que vai perdendo cada día un cachiño, ata desaparecer; da súa luz; de cómo nace grande tralas montañas e se vai facendo máis pequena canto máis ascende no teito da noite. O avó tamén lle falaba dos soños que habitan a noite, contáballe que son uns seres pequenos e transparentes que viven de día tralas estrelas e de noite asoman ó balcón da lúa.

Un libro tenro e sensible para todo tipo de lectores. Para ler, preferiblemente acompañados.

Información

Iria e a lúa

Portada de Iria e a lúa

Título: Iria e a lúa
Escritor: Oli
Ilustración: Fino Loranzo
Editora: Xerais
Ano: 2003
Idiomas nos que foi publicado: Galego