Conto para non comer

Conto para non comer

Antón non quería comer. Pensaba que a cunca do leite era un mar branco cheo de néboa quente que lle subía polo nariz. Sentía que naquel momento viña Pedro O Chosco para pecharlle os ollos lentamente. Antón pediu que lle trouxeran o seu can, que lle fixeran un barco con miga de pan, que lle trouxeran un vento para botar fóra toda a néboa, que lle enviasen un rabaño de ovelliñas..., pero Antón seguía sen ter fame e non quería comer, cada vez tiña máis sono.

Incluído na lista de White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional de Múnic.

Información

Portada de Conto para non comer

Portada de Conto para non comer

Título: Conto para non comer
Escritor: Oli
Ilustración: Andrés Meixide
Editora: Galaxia
Ano: 2005
Idiomas nos que foi publicado: Galego